Friday 10 de May de 2024

Fabiola García aosta por un consumo responsable que permita avanzar cara unha sociedade máis social, solidaria e sostible


Lembrou que os hábitos de consumo poden supoñer un importante impulso para aquelas persoas que peor o están a pasar

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá no acto de presentación da nova ferramenta dixital ‘Huella de empleo’, da Fundación Knowcosters, destinada a identificar a contribución das empresas no emprego. Durante a súa intervención apostou por un consumo responsable que permita avanzar cara unha sociedade máis social, solidaria e sostible.

A conselleira lembrou que a pandemia da covid-19 permitiunos cambiar as nosas prioridades. Neste sentido, sinalou que aprendemos a poñer o noso benestar e o dos demais por diante de todo o demais e permitiunos recordar que o pequeno comercio é imprescindible para a subsistencia de miles de familias. “A nosa actitude individual á hora de consumir pode supoñer un importante impulso para todas aquelas persoas que peor o están a pasar”, sinalou.

Fabiola García apuntou que cada vez os cidadáns son máis conscientes da importancia de realizar un consumo responsable que repercuta nunha sociedade mellor. Con todo, sigue a ser importante que tanto as administracións como as entidades civís sigan achegando información e concienciando sobre a súa relevancia. Por ese motivo, agradeceu á Fundación Knowcosters o seu labor neste sentido.